Aínda que o Chromebook xa teña o Chrome instalado, descargar e usar o Firefox como navegador predeterminado ofrece certas vantaxes:
Oxalá fose todo máis sinxelo, mais o teu Chromebook prefire manterte no ecosistema do Google Play. No entanto, coidamos que paga a pena instalar o navegador Firefox no teu Chromebook. Temos recursos para che axudar se os precisares. Hai dúas formas de obter o Firefox no teu dispositivo.
Instalar o Firefox desde a Google Play Store: nas versións máis recentes do Chrome OS (Chromebook de x86 con Chrome OS 80 en diante), tes a opción de instalar a aplicación Firefox para Android. Esta aplicación foi desenvolvida para dispositivos móbiles.
Instalar o Firefox como unha aplicación Linux: aínda que seguir este camiño esixe máis pasos, paga a pena. Ao instalares o navegador Firefox como unha aplicación Linux, obtés a versión de escritorio do navegador Firefox, con todas as vantaxes asociadas, incluíndo a protección mellorada contra o rastrexo, un xerador de contrasinais incorporado, acceso a millares de extensións (incluíndo o bloqueador de anuncios UBlock Origin) e temas para personalizares a aparencia do teu navegador. Infórmate sobre como instalar a versión de escritorio do navegador Firefox para Chromebook.